Wednesday 08 de May de 2024

O Concello de Frades celebra este domingo a Festa da Auga na piscina municipal


A partir das 16 horas, con inchables e festa da escuma

28 de agosto de 2015.- O Concello de Frades organiza para este domingo 30 de agosto a Festa da Auga 2015. As actividades comezarán a partir das 16 horas na piscina municipal de Papucín e na súa contorna. Os nenos e nenas que se acheguen ata a festa poderán xogar en inchables acuáticos e cun tobogán de auga, ademais de múltiples xogos. Para o remate, activarase unha lanzadeira de escuma.